Piiiiiiiiiiiiii ππππππ Celebrando letras galegas πππππππππ piiiiiiiiiiiiiii

 

Neste día festivo e de celebración das letras galegas temos o pracer de presentar as catro esopías escritas en galego que resultaron premiadas na III edición do Concurso de Esopías que a Biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar convoca coincidindo coa Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

Da calidade dos traballos presentados dá conta esta escolma das catro "galesopías" premiadas.

 

 

Parabéns para cantos participaron!

 

(Imaxe: Pin de -Tzina_en Dreams)

 

Ela é vida e cadea,

bolboreta do camiño,

faena sen aliño,

asustada, pasaxeira.

Contigo morrerían cen

no mar. Tormenta cega,

calada se achega.

Amén

 

Antonio Casariego Cubeiro

 

[1º A ESO]

 

 

 

(Imaxe: "Zapatos de payaso")

 

Así é como o atopo,

acuruxado na escura

noite, cos ollos

chorosos, indefenso,

quizais maxinando que

un día escapará desa

inopia de tantos

anos.

 

Diego Teijo Barral

 

[4º A ESO]  

 

 

 

(Imaxe:"Alas rotas")

 

Cae e cala e chora.

Expoliada do propio

corpo sen xuizo

lexítimo. Inocencia

turbada, arruinada, tan

só nun instante. Está

selada. El, exento,

anda.

 

Irene Docampo López

 

[4º A ESO]  

 

 

 

(Imaxe:"Ojo digital" )

Ter a foto, o ollar

idealista da persoa

amada, que queda

habitada. Calabozos

abertos, cadáveres das

ás que posuímos. Ecos

cobren as tardes

idas.

 

Julia Nieto Mantiñán

 

[4º A ESO]

 

(Resultou tamén premiada  unha esopía escrita en castelán e do que foi autor Antón Iglesias, alumno de 2º BAC. Próximamente teremos ocasión de publicala para disfrute dos nosos lectores)