Becas da cafetería para as viaxes a París e Londres

Unha vez máis a cafetería do Aguiar, que rexenta a nosa Melania, axuda ao noso alumnado que viaxa "polo mundo adiante" concedendo unha axuda a aqueles viaxeiros ou viaxeiras con mellor expediente académico.

 Desta volta a axuda  correspondeu a María Otero que viaxou a Londres

 

e Manuel Lendoiro viaxeiro a París.

Grazas a Melania que impulsa deste xeito a actividade viaxeira,  ben combinada co esforzo nos estudos.