O Aguiar celebra o día da música na rúa

O xoves 27, o instituto Francisco Aguiar non vai estar só cheo de ciencia e tecnoloxía. Como un maravilloso complemento teremos ocasión de celebrar o día da música na rúa.

Con tal motivo alumnos da profesora María P. Pazos , deleitarannos cun pequeno concerto no porche cuberto fronte á cafetería durante o primeiro recreo.

Igualmente teremos ocasión de recibir ao grupo de alumnos de música do IES de Boqueixón. Alumnos e alumnas da profesora Blanca Bello protagonizarán con eles un concerto e unha xornada de convivencia que rematará compartindo unha estupenda tortilla de betanzos marca "Melania_Aguiar".