Chegou aos nosos oídos....alumnos do Aguiar na 2ª división da Liga Galega de xadrez

Chegou aos nosos oídos... que algúns alumnos e ex do Aguiar pertencentes ao #ClubeXadrezDeBetanzos acábanse de proclamar campións de liga e ascenden automáticamente a 2ª división da liga galega de #Xadrez .

Xa van uns cantos anos que no Aguiar, especialmente co traballo do compañeiro Óscar García, traballase pola promoción do xadrez.  Son clásicos os torneos ao remate de cada trimestre ou curso e xa van varios anos que unha tarde á semana funciona no Instituto unha escola de xadrez.

Por iso, ver que algúns dos que pasaron, ou aínda están no Aguiar, acadan un premio merecido, alégranos. PARABÉNS!