Encontro do escritor Miguel García co alumnado de 4º da ESO

A tarde do martes 21 de marzo promete ser unha tarde intensa de encontros.  

O alumnado de 4º da ESO que ven de ler na materia de Lingua Española a novela "Martín Zarza",  terá a oportunidade de preguntar e dialogar co seu autor, Miguel García.

A actividade veu propiciada pola profesora Concha Barrilero que xestionou todo o concernente a esta actividade.

Deixamos aquí unha entrevista realizada co autor e emitida na RTVE no programa "La Aventura del Saber"