Sábado 11 de marzo. Xornada de orientación para alumnado e familias ( imos pola IIIª)

 

O Bacharelato é un momento de importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.

 O panorama educativo constantemente cambiante que estamos a vivir non facilita a toma de decisións aos interesados e ás súas familias

A nosa convocatoria

 . Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar decisións con maior perspectiva.

 . Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.

 . Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.

 . Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.

 . Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século. Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar.