DI K NON

Pola aceptación do alumnado, pola emoción vivida, pola intensidade da experiencia ta só poderemos cualificar como un éxito,a nosa colaboración coa UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro.

O martes 10 tivo lugar a visita ao noso instituto. Logo dunha alegórica representación e o visionado dunha presentación audiovisual, a narración das experiencias dos participantes na UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro foi un estímulo que moveu corazóns e cabezas para rexeitar a droga.A rolda de preguntas completou unha impresionante experiencia que emocionou a máis de un.

 

O xoves 12 de xaneiro,  os alumnos e alumnas de 4ª A e os voluntarios da biblioteca doutros cursos devolveron a visita coñecendo de preto o Centro Penitenciario, as instalacións, a vida alí...

Por tanto, dende o instituto tan só nos resta agradecer:

Grazas aos funcionarios que fixeron posible tan impresionante vivencia ( especialmente a Cristina)

e aos profesores que a impulsaron e fixeron posible ( Emilio e Xosé Luis)

Grazas aos reclusos pola sinceridade e cercanía.

Grazas ao noso alumnado pola receptividade e respecto.