Visita ao Arquivo do Reino de Galicia. 20.XII.2016

O alumnado de 2º da Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitará o martes 20 de decembro pola tarde as instalacións do Arquivo do Reino de Galicia situado no Xardín de San Carlos da cidade de A Coruña.

Estarán acompañados pola súa profesora de Historia, Lucía Sáez, colaboradora tamén dista institución nalgunha das súas publicacións.

Na visita coñecerán os fondos documentais que atesoura esta importante institución e tamén todos os procesos técnicos precisos para a conservación e restauración do patrimonio documental. 

E posto que a "nomina" de ex alumnos e ex alumnas  do Aguiar é ben diversificada. Tamén podemos presumir nela de xente que se adica a este mundo da arquivistica e a documentación. Por iso non queremos pasar sen lembrar a Berta Otero, actualmente polos "madriles" completando formación;  e  a Ángel Arcay desentrañando e organizando arquivos por Galicia adiante ( e cun precisoso e apetitoso blog de receitas nacido do Arquivo do Museo de Pontevedra: La Cocina del Palacete)