Francofonía. Charla sobre a emigración con Elías Martínez

Na imaxe D. Elías Martínez con Pablo del Río en datas recentes no IES Francisco Aguiar

 

Como cada ano o Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar promociona o coñecemento da lingua e cultura francesas nunha Semana da Francofonía (isto é, o conxunto de mulleres e homes,  274 millóns de francófonos repartidos polos 5 continentes, que comparten unha lingua común, o francés)

 

Este ano buscou a colaboración co Centro de Maiores de Betanzos  (enlace) solicitando para que algún dos seus  socios colaborase  voluntariamente conosco IES  para  manter conversa en francés  relativa á experiencia da emigración.Este é o caso do encontro que se celebrará o próximo día 20 de abril ás 13.15 horas no IES Francisco Aguiar de Betanzos co que o Departamento de Francés quere festexar un ano máis a Francofonía 

 

Nesta ocasión contarán coa colaboración de D. Elías Martínez Martínez, socio do Centro de Maiores de Betanzos e voluntario do programa "Fálame da emigración", para dar a coñecer aos 80 alumnos de 3.º da ESO as súas vivencias como emigrante en Francia.