GRANDE "FIN DE FESTA" TECNOLÓXICO DA Vª SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

O venres 15 de abril rematamos esta grande festa da ciencia e da tecnoloxía no Aguiar cunha xornada na que o tecnolóxico  conxugado cunha mirada á natureza acadan un protagonismo moi especial:

Miramos cara á natureza de novo cos experimentos meteorólóxicos que os rapaces e rapazas de 1º ESO explican cada vez mellor 

Completamos tamén a plantación de árbores froiteiras e...(glup) volveremos a intentar traballar con enerxía solar ( malia que as previsións non son nada favorables)

Pero o día é principalmente tecnolóxico. Perfeccionando actividades que se fixeron ao longo da semana: motores universais e trifásicos, robotica con Scratch e Arduino

 

E sumamos como remate de festa tecnolóxica  unha actividade moi agardada:  o obradoiro de Drons impartido por un Ex alumno do Instituto, Quili Abeal, e por David Lougedo que convocará aos alumnos de Tecnoloxía Industrial e Robótica no Polideportivo