14.IV.2016. Xoves de "experiencias rodadas" na V Semana da Ciencia

Para nós un dos principais méritos  da Semana da Ciencia que se organiza no IES Francisco Aguiar é que, sen faltar a orientación e coordinación do profesorado, as diversas expewriencias e actividades da dita Semana son dirixidas polos alumnos dos diversos cursos. Eles encárganse de preparar as explicacións para os seus compañeiros. Poe esta razón, logo de catro días de Semana todo empeza a estar mellor perfilado, as explicacións son, cada vez, máis certeras e mellor orientadas aos diversos públicos aos que se dirixen. Hoxe, xoves 14, non hai actividades novas pero temos unha mañá chea de experiencias ben rodadas. 

Engadamos  tamén:

  1. Unha exposición fotográfica sobre desfeitas ecolóxicas na bisbarra
  2. A exposición do concurso  de carteis sobre comportamentos ecolóxicos ( que se fallará mañá)
  3. e a exposiciñón sobre conservación tradicional de alimentos que atopamos na entrada principal.