Martes 5 abril. Creación literaria e creadores no IES Francisco Aguiar.

 


 

Martes 5 de abril e mércores 6:  no IES Francisco Aguiar terá un protagonismo especial, para o alumnado de 1º BAC, a creación literaria

 

Por unha banda, o grupo que cursa a materia de Literatura Universal en 1º BAC  co profesor Francisco Rodríguez Coloma recibiran a visita da escritora Raquel Vázquez, ex do Aguiar e colaboradora habitual do noso instituto. Con ela terán ocasión de comentar un dos relatos ( "la sombra amarilla") do seu último libro publicado: "La ocarina del tiempo".

 

Por outra banda o alumnado do grupo D de 1º BAC participará durante dúas horas nun Obradoiro de Creación Literaria. Esta iniciativa, na que o noso instituto participou xa o pasado ano, parte do Equipo de Dinamización e de Normalización Lingüística do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galega  e  do Concello de Betanzos. Deste xeito, coa coordinación do profesor Xan Munín os nosos alumnos e alumnas achéganse á literatura dun xeito esencialmente práctico. 

 

Completando isto, a mediodía os alumnos e alumnas da ESO participantes nos clubs de lectura teñen a súa periódica reunión para comer no Instituto e falar de libros. 

 

POST DATA :

Mañá 6 de abril a nosa alumna Amaia Tomé recibirá en Santiago de Compostela o LXIV Premio Minerva concedido pola súa obra "Clare e outras illas"