Encontro francófono en Xixón. 3 de marzo.

O Departamento de Francés organiza o xoves 3 de marzo un encontro francófono que terá lugar en Xixón

Máis de 80 alumnos e alumnas do noso instituto reuniranse nesta cidade asturiana con alumnos do liceo Laennec de Pont L'Abbé,  localidade da Bretaña francesa irmanada coa cidade de Betanzos.

Durante este encontro realizaranse actividades de descubremento e coñecemento da cidade (tipo yincana) , xogos na praia, intercambio de agasallos, comida en común e, sobre todo, moita comunicación entre os alumnos de ambos centros. 

Este encontro é unha actividade preparatoria que pretende preparar o camiño para un futuro intercambio escolar, que tería lugar o vindeiro curso, entre alumnos de ambos centros.