Educando cidadáns críticos. Irene García fala sobre "Fahrenheit 451"

     Novamente,  o traballo diario nas aulas, as veces escuro ou pouco recoñecido, agroma en froitos de grande calidade. Conxúganse así as cualidades do noso alumnado co traballo diario do profesorado. 

     Desta volta trátase dunha animación_á_lectura - crítica_literaria que Irene García, alumna da materia de Literatura Universal de 1º BAC ( impartida por Francisco Rodríguez Coloma), fai sobre o clásico de Ray Bradbury, "Fahrenheit 451"

     Compre subliñar que non é a primeira vez que coñecemos este tipo de traballos, para o que algúns usan o termo  "booktube". O ano pasado coñecimos, con agrado, o traballo de Pablo Buyo sobre "El rostro de la sombra" de Alfredo Gómez Cerdá. 

  E mesmo antes, Lorena Fernandez (por este ano co-embaixadora do Aguiar en EEUU) fixera o seu booktube sobre o libro de Edmundo paz Soldán, "Los Vivos y los Muertos"