Proxección da película. "Enrugas"

O IES Francisco Aguiar participa nun programa de sensibilización e coñecemento da enfermidade do Alzheimer. 

Invitados pola asociación AFACO, o mércores 28 de outubro  o alumnado de 2º da ESO asistiá,na Fundación Barrié de A Coruña,  á proxección da película "Enrugas" baseada no cómic de Paco Roca ( tivemos o pracer de recibir a súa visita o pasado ano).

Posteriormente, o día 10 de novembro,  un técnico da asociación desenvolverá unha unidade didáctica nas aulas do noso IES. Finalmente isto  completarase co traballo que, dende a materia de Lingua Castelá, realizará a profesora Elvira Castro.