Re_presentación dos "Cachorros de Ornitorrinco" en Biblos

Xa rematou o curso, non hai clases nin, por tanto,  o rebumbio típico das mañás no instituto ou dos recreos nos patios do Aguiar.  Pero a vida dos artistas non para.

Dicímolo porque o luns 22 de xuño a rapazada de 4º  da ESO que escribíu colectivamente o libro "Cachorros de Ornitorrinco" presentará novamente en Betanzos o seu volumen de microrrelatos. Será pola tarde, ás 20.00, na librería Biblos ( á que tanto debemos pola súa incondicional colaboración coa Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar)

 

Desta volta a presentación incluirá tamén actuacións musicais e a lectura polos propios autores dalgúns dos microrrelatos que forman parte deste libro. Estarán tamén presentes os seus impulsores Raquel Vázquez e Francisco Rodríguez Coloma aos que non podemos menos que reiterar o agradecemento por tanto traballo desinteresado en favor da Biblioteca e da lectura i escritura.

 

Semella un bo plan para a tarde dun día no verán! Teremos tempo para ir á praia, seguir cunha lectura en Biblos de suxerentes microrrelatos e rematar cunha longa sobremesa en calquera das terrazas do casco vello betanceiro disfrutando do fresquiño das primeiras sombras e dunha conversa cos amigos.