Resolto V Concurso de Creación Literaria das Letras Galegas do Concello de Betanzos

Resolto o V Concurso de Creación Literaria das Letras Galegas que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos

O xurado do V Concurso de creación literaria, reunido hoxe pola mañá na Sala de Xuntas do Liceo, decidiu outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA XUVENIL. ESO

Primeiro premio: Clara Rodríguez Núñez polo seu relato: "A través de imaxes". IES Francisco Aguiar

Accésit: Julia Nieto Mantiñán plo seu relato: "Ríos". IES Francisco Aguiar

Accésit. Tamara Castro Mosquera polo seu relato: "O segredo da avoa". CPR Nosa Señora do Carme (Atocha)


CATEGORÍA XUVENIL. Bacharelato e ciclos formativos

Primeiro premio: Sara Parga Pérez  polos relatos : "Caladiña estás máis sumisa" e "Facémonos constelación". IES Francisco Aguiar

Accésit: deserto

Os membros do xurado destacaron a calidade e a orixinalidade dos textos presentandos, e decidiron outorgar un segundo accésit na categoría da ESO, na que houbo maior participación. A entrega dos premios terá lugar o domingo, 17 de maio, ás 12:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Liceo, nun acto en conmemoración das Letras Galegas, xunto coa entrega dos premios do VI Concurso de carteis.

Ademais, e logo da entrega dos premios aos nenos e nenas participantes nas distintas categorías dos concursos das Letras Galegas terá lugar o espectáculo infantil "Contos da Quintana viva" por conta de Pedro Brandariz que homenaxeará a Xosé Filgueira Valverde a través desta proposta que fai unha versión libre e contemporánea dunha maneira cómica e divertida das historias recollidas na Quintana viva do escritor pontevedrés