CONCURSO DE SOBREMESAS FRANCESAS , ¡Mmmmmmmm!

 

CONCURSO DE SOBREMESAS FRANCESAS

 

Departamento de Francés.

Data: venres, 27 de marzo de 2015.

Horas: toda a mañá. Visita guiada: 1º recreo. Degustación: 2º recreo.

Lugar: salón de actos do IES Francisco Aguiar.

Participantes: Poden participar no concurso tódolos alumnos de Francés .

 

OBXECTIVOS.

 1.- Traballar na clase tódolos aspectos lingüísticos que abrangue unha receita de cociña en lingua francesa.

 2.- Aproveitar o tema para facer un percorrido xeral pola rica e variada gastronomía francesa.

 3.- Que os alumnos se interesen pola comida como unha fonte de saúde, sen esquecer a dimensión social, económica e cultural da mesma.

 4.- Ser capaces de elaborar, a partires dunha receita orixinal francesa, un prato de sobremesa sinxelo no marco dunha actividade de posta en valor da cociña francesa.

 

MECÁNICA DO CONCURSO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan orixinais en lingua francesa.

2.- Adicarase unha sesión de clase para traballar os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.

3.- Para poder participar no concurso, será obrigatorio facer unha preinscrición, xa que o número de sobremesas a presentar se limitará a 30.

A preinscrición farase o martes 10 durante o primeiro recreo no Departamento de Francés.

4.- Unha vez elixida a receita, e traballada ao detalle, os alumnos participantes, de maneira individual ou en parellas, elaborarán na casa a devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.

5.- A devandita actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.

6.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.

7.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso no salón de actos, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha copia da receita orixinal en francés,( e unha tradución da mesma ao galego ou castelán, para que os membros do xurado poidan entendela), así como un sobre co nome da sobremesa na parte exterior e o nome do(s) concursante(s) dentro do sobre. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver ao salón só no período do recreo.

8.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por 5 membros da nosa comunicade educativa.

 Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostas as sobremesas, e iranas probando e cualificando, de 0 a 9,- de acordo cos seguintes criterios: DEGUSTACIÓN (SABOR), DIFICULTADE DE PREPARACIÓN DA RECEITA e PRESENTACIÓN.

9.- Os alumnos que teñan clase de francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición de sobremesas.

10.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán degustar as sobremesas.

11.- Ao final da mañá exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras.

12.- Haberá 3 premios que serán de 15 € para o primeiro, 10 € para o segundo e para o terceiro premio haberá unha merenda na cafetería do instituto.

 

¡Mmmmmmmm! Noraboa ao Departamento de Francés por taaan doce remate do segundo trimestre