FRANCOPHONIE. Conferencia en Francés da ONG "Ecodesarrollo Gaia". Martes 17 de marzo

       O Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar celebra un ano máis unha semana adicada á lingua francesa, a FRANCOPHONIE.

       Desta volta será o martes 17 de marzo a 5ª hora. Visitará o noso Instituto unha rapaza do Senegal por medio da ONG Ecodesarrollo Gaia, que falará ao noso alumnado do seu país, costumes, realidade social, etc. 

      Ocasión inmellorable a que nos brinda o Departamento de Francés para seguir afondando no coñecemento desta fermosa lingua e para ampliar o noso horizonte solidario.