Cando as tradicións do pasado... serven para pensarnos en presente

Podemos dicir que este curso 2014-15 temos a sorte e a ledicia de ser testigos dun traballo magnífico das compañeiras que, este ano, forman o Departamento de Francés do noso Insituto. O compromiso coa súa asignatura, o  seu entusiasmo e creatividade está a sorprendernos , día si e día tamén,  neste primeiro trimestre .

Especialmente interesante está a ser o seu traballo dando a coñecer tradicións da cultura francesa que pasan a ser, nas súas imaxinativas mans, ocasións para o coñecemento pero tamén para a reflexión e concienciación.

Disfrutamos coa tradición das catherinettes que engaiolou á rapazada de 1º da ESO. Sombreiros para estimular a imaxinación, a creatividade ...pero tamén para reflexionar sobre o machismo de moitas sociedades tradicionais e alertarnos deste risco nas nosas.

Agora, achegándonos ao Nadal, a tradición do Père Fouettard . A especie de home do saco que, no Aguiar, non leva nenos senón canto de indesexable hai no mundo que nos arrodea. Un home do saco que faremos daquela o noso super-heroe e ao que o alumnado do noso instituto non lle teme. Mesmo ousa mándarlle un grandísimo bico.

Felicitémonos por ter a estas compañeiras que prestixian o ensino público e dinamizan o noso Instituto