Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015. Son novidades destacables nesta convocatoria:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)