Intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena

Logo de que un grupo de 19 alumnos e alumnas visitaran en setembro a cidade de Siena nun produtivo intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna, tocaba ao IES Francisco Aguiar recibir ao alumnado diste Liceo toscano.Pois ben...xa están entre nos.

O primeiro día tocou recepción no Instituto, charla en inglés sobre o Camiño de Santiago a cargo de Catuxa Gómez e Laura Antón.  E para repoñer forzas, e prepararse para o resto da mañá,  desgustación de chocolate con churros.

De seguido visita guiada ao casco antigo de Betanzos... para rematar cunha recepción por parte do Concelleiro de Cultura  do Concello de Betanzos. A tarde, de convivencia coas familias españolas .

E mañá.... longa pero prometedora viaxe ata o Castro de Santa Trega e Valença do Minho

 O sábado, á mañá, actividade no Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) . Pola tarde, con permiso da autoridade( que xa temos) e se o tempo non o impide ( crociamo il dito) concerto no Palco da Música a cargo de "Los Inesperados".