Chegou aos nosos oídos... Manuel Vilariño. "Mitologías"

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.

Pois iso ...que chegou aos nosos oídos que o antigo profesor de Bioloxía, Manuel Vilariño, presentou  no “MAC Gas Natural Fenosa” de A Coruña unha exposición de fotografías que, baixo o título “Mitologías”, permanecerá exposta entre o 24 de outubro de 2013 e o 23 de febreiro de 2014.

 

http://lacomunidad.elpais.com/avferreiro/2013/10/22/mitologias-manuel-vilarino

 

Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.