Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Maio 26, 2024
Start: 26/05/2024 09:47
Aínda que estamos dacordo en que os libros embriagan, non temos máis remedio que sinalar a anacrónica elegancia que amosa este lector dos contos de Anxos Sumai e Manju Kapur.
Luns Maio 27, 2024

Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.

Martes Maio 28, 2024

E1D/E Proxecto Competencial + E1B Exención Francés

O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer  unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas:  unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar  da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.

No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe

Mércores Maio 29, 2024
Start: 29/05/2024 07:18

Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura. 

Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013. 

A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.

Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura. 

Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina. 

19 horas

Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

IES Francisco Aguiar

O alumnado de 1º da ESO A/B de Proxecto Competencial visita unha exposición na praza do Campo.

O IES Francisco Aguiar organizou un torneo intercentros de fútbol feminino no marco do programa Xogade da Xunta. Participaron o IES As Mariñas, o IES de Breamo, o IES de Mugardos, o CPI Virxe da Cela, o CPI Vales Villamarín e o CPI Castro Baxoi.

Parabéns polo 3º posto conseguido tanto polo equipo infantil coma polo cadete!

Xoves Maio 30, 2024

A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.

 

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.

As datas previstas son as seguintes:

  • Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
  • Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024

 

DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).

PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)

DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)

DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15

 

Resolución

Anexos

Sábado Xuño 01, 2024
Domingo Xuño 02, 2024
Start: 02/06/2024 12:57

 

 

 

Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das propostas para esta semana: Benjamín Prado e Berta Dávila.
Domingo Xuño 09, 2024
Start: 09/06/2024 19:26

O sol do mes de xuño anuncia o comezo do fin do curso. 

Nós seguimos a ler, mesmo sen medo a saír voando!

Aí quedan un relato de Amaia Tomé e un conto de Emilia Pardo Bazán que agradarán a moitos lectores.

Venres Xuño 14, 2024
Start: 14/06/2024 11:02

Con data do 12 de abril de 2024 publicouse o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/25.

Podedes atopar toda a información en:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

 

As solicitudes débense cumplimentar mediante formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es

 

 

O prazo de presentación de solicitudes extenderáse dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.

Becas NEAE del Ministerio de Educación curso 2020- 2021 | Colegio La Salle  Paterna

Domingo Xuño 16, 2024
Start: 16/06/2024 16:42
Hora de ler?
Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias, mesmo no cheiro a cloro da auga das piscinas. 
Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.
Luns Xuño 17, 2024

Ao longo do curso, o Departamento de Matemáticas foi o encargado da realización da toma de datos meteorolóxicos (tarefa realizada por alumnado de 1º e 2º ESO). A posterior análise de datos realizouse no bloque de Estatística, elaborando os informes e as gráficas correspondentes (1º ESO e 1º BAC). O alumnado de 1º da ESO representou de forma gráfica e con climogramas os datos obtidos na medición da estación meteorolóxica. Noutro nivel, pero no mesmo Bloque de Estatística e probabilidade, o alumnado de 1º de Bacharelato traballou con estes datos incidindo na parte de probabilidade: probabilidade de choiva en cada mes, probabilidade condicionada...

Mércores Xuño 19, 2024

O alumnado de 3 ESO de proxecto competencial estivo a catalogar as numerosas árbores (cerca de 200!) que temos no no noso instituto. Abundan os plátanos e os chopos, destacan os catro cedros, gustan as froiteiras... e protexen os do sol os castaños de indias. Ademais, loureiros, aligustres, carballos e freixos confiren un vizoso aspecto ao noso fermoso patio. Só nos faltan os bancos de Teka para sentirnos en Hyde Park!

Para complementar a catalogación, a técnica de Turismo do Concello de Betanzos explicounos cousas curiosas relacionadas cos espazos verdes de Betanzos: que o parque actual ía ser un complexo deportivo; que a praza do concello tiña Magnolios (só queda o da foto) e que a Praza do Campo, onde se facía o mercado (e se fai), estaba tamén arborada.

Chegou o momento de solidificar coa nosa fala boa parte do refraneiro meteorolóxico que fomos creando ao longo do curso. Distintas voces da rapazada de 1⁰ e 4⁰ ESO soaron polos micros da radio da biblioteca pronunciando sabias palabras. Achegamos os audios nos que viven, por exemplo, indiscutibles sentencias como "ceo escamudo, vendaval seguro" ou "en xaneiro arde o berdueiro".

1                    2                    3

Xoves Xuño 20, 2024

A nosa noraboa a: Eloy Anido Julia Caamaño Giovanni Casotti

Distribuir contido