Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Septembro 18, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
18
all day

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “A promoción do turismo no concello de Betanzos”.

Start: 18/09/2023 17:40

Este próximo luns 25 de setembro será a xornada de acollida ás familas dos grupos de 2º, 3º e 4º de ESO nestas secuencias horarias:

17:30h - 2º ESO
18:00h - 3º ESO
18:30h - 4º ESO

 

Á recepción do equipo directivo no salón de actos do centro, sucederá a reunión cos/as respectivos/as titores/as na aula de referencia do/a seu/súa fillo/a, na que aproveitarán para lles facilitar as claves SIXA Familias ao alumnado novo no centro.

19
all day

 

 

 

Alumnado de 4º da ESO participa nunha saída na que a actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.

20
21
22
Start: 22/09/2023 07:16

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por quinto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será o 27 de outubro. 

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2023.

 


 

 

Start: 22/09/2023 14:49

 

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por cuarto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o venres 27 de outubro.

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2024.

 

 


 


 

 

23
24
Start: 24/09/2023 10:36

No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.

Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.

Distribuir contido