Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 20, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
20
all day

Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.

Start: 20/02/2023 20:39
 
Nesta [mini] semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 
 
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola

21
all day

Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.

22
Start: 19/02/2023 22:00
End: 22/02/2023 21:59

Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.

23
Start: 23/02/2023 06:45

 

O noso centro foi  seleccionado para participar na nova edición ESTUDES (Encuesta sobre el Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España), convocatoria 2022-2023, nas súas líneas de Bacharelato (1º e 2º).

 

Os grupos participantes son B1D e B2E. A enquisa será realizada o día 23/02 ás 8:45 por persoal da empresa Análisis e Investigación S.L. 

all day

O alumnado de 3º de ESO asiste á exposición "Pingas de Humor Crítico", a cargo do debuxante Andrade, no Edificio Liceo.

Start: 23/02/2023 14:00
End: 23/02/2023 17:45

O xoves 23 de febreiro, entre as 16:00 e as 19:45, desenvólvense as sesións de avaliación de 2º de BAC (2º trimestre).

all day

O 23 de febreiro, data do seu nacemento, lembramos a escritora galega e universal Rosalía de Castro.

24
25
26
Start: 26/02/2023 11:20

 

 

 

Esta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...

Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.

Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Garner.

Distribuir contido