Eventos
O 24 de xaneiro é conmemorado como o Día Internacional da Educación.
Ao longo do xoves, unha selección de alumnado da materia de Oratoria, de 3º de ESO, particpará no concurso de debate, organizado pola Fundación Barrié de la Maza.
Un dos grupos de terceiro de ESO fará unha visita guiada en Betanzos para relacionar a música e a cultura da Idade Media coa arte.
Kaori Tsurutani na súa obra Metamorfosis BL relata a historia dunha amizade entre mulleres de distintas xeracións.
A nosa proposta para esta semana, os relatos de Manuel Rivas e José María Merino, tamén falan de metamorfoses...
O 30 de xaneiro foi escollido para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
O alumnado de E1B, E1C e E1D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas legais (tabacos e alcohol), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O alumnado de Ciclo Formativo realizará unha visita formativa ás instalacións de Inditex, no Polígono de Narón, complementada cunha visita á exposición de fotogorafía "Mujer y Danza", en Pontedeume.
O alumnado de E1A recibe hoxe un obradoiro sobre drogas legais e sobre cannabis (no caso de E2A e E2B), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O feitizo de Vermeer...
Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta.
Unha carta de amor?
Podería ser...
O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».
Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.
O alumnado de 4º de ESO visita a Domus para facer prácticas de laboratorio.
O alumnado de E3B, E3C e E3D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas sintéticas, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O 8 de febreiro Laura Suárez Calvelo, da FUAc, visitará o centro para dar a coñecer ao alumnado que remata este curso as oportunidades de emprego que oferece a FUAC a través das dúas bolsas.
O alumnado de E4A, E4B e E4C recibe hoxe un obradoiro sobre cocaína, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O 10 de febreiro o alumnado de B1D e B1E acode á representación teatral da obra “A parábola do angazo”, por conta da compañía Talía Teatro para o alumnado dos centros de ensino de secundaria do Concello.
Preámbulo de entroido...
Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
Celebramos el Día de la Radio este lunes en un instituto de Betanzos, el Francisco Aguiar, explicando a un grupo de alumnos de segundo de bachillerato cómo trabajamos en Radio Voz, además de grabar con ellos un pequeño programa que habían preparado. Bibliotecas escolares de colegios e institutos de toda Galicia cuentan con estos pequeños estudios en los que tal vez se están criando las futuras voces de la radio. O simplemente están descubriendo que un micrófono permite conectarte con el mundo, aprender a expresarte, e incluso puede convertir un tema sesudo de la asignatura de Psicología en un proyecto mucho más divertido porque tú mismo escribes un guion, organizas una estructura y defiendes tu trabajo con los auriculares puestos.
Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.
A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.
Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.
O noso centro foi seleccionado para participar na nova edición ESTUDES (Encuesta sobre el Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España), convocatoria 2022-2023, nas súas líneas de Bacharelato (1º e 2º).
Os grupos participantes son B1D e B2E. A enquisa será realizada o día 23/02 ás 8:45 por persoal da empresa Análisis e Investigación S.L.
O alumnado de 3º de ESO asiste á exposición "Pingas de Humor Crítico", a cargo do debuxante Andrade, no Edificio Liceo.
O xoves 23 de febreiro, entre as 16:00 e as 19:45, desenvólvense as sesións de avaliación de 2º de BAC (2º trimestre).
O 23 de febreiro, data do seu nacemento, lembramos a escritora galega e universal Rosalía de Castro.