Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xaneiro 12, 2023
Start: 12/01/2023 09:45
End: 12/01/2023 11:25

 

O alumnado de B2B/C (alumnado de Historia da Arte) realizará unha visita guiada a Santa maría de Azogue. O guía será Julián Ferrer, porofesor do noso centro, recentemente xubilado.



Venres Xaneiro 13, 2023
Start: 13/01/2023 07:30
End: 13/01/2023 09:00

O Departamento de Orientación organiza unha charla sobre as diferentes posibilidades académicas na USC. 

Domingo Xaneiro 15, 2023
Start: 15/01/2023 20:12

 

Poder ler en galego a Jane Austen, Ágota Kristof, Raymond Carver ou a Xenofonte.

 

Rinoceronte é unha das editoriais que máis tempo leva pelexando por traducir a autores referenciais da literatura universal. 

A peripecia vital de Isabelle Eberhardt é tan interesante como a súa literatura. Deixamos enriba da mesa un relato na tradución ao galego de Fernando Domènech e un fragmento dos seus diarios.

 

Luns Xaneiro 16, 2023
Start: 16/01/2023 06:45
End: 16/01/2023 12:15

O alumnado de B1A e B2A visitará a Domus para facer prácticas de laboratorio.

Martes Xaneiro 17, 2023
Start: 17/01/2023 08:40
End: 17/01/2023 11:25

O Departamento de Música organiza un concerto de Theremin para 2º de ESO e 2º de BAC o día 17/01.

Xoves Xaneiro 19, 2023

Dentro da iniciativa "Xogade", unha campaña de actividade lúdico deportiva, unha selección de alumnas de 2º de ESO e de 3º de ESO participarán nun campionato de fútbol que se celebrará en Monfero.

Domingo Xaneiro 22, 2023
Start: 22/01/2023 16:48

 

Teremos que pedir que non pouse os pés enriba da mesa... 

Pero nada que obxectar ao altísimo nivel de concentración na lectura, podería ser, do relato de Andrés Trapiello ou de Xoán Babarro González.

Martes Xaneiro 24, 2023

O 24 de xaneiro é conmemorado como o Día Internacional da Educación.

Xoves Xaneiro 26, 2023

Ao longo do xoves, unha selección de alumnado da materia de Oratoria, de 3º de ESO, particpará no concurso de debate, organizado pola Fundación Barrié de la Maza.

Venres Xaneiro 27, 2023
Start: 27/01/2023 10:35
End: 27/01/2023 12:15

Un dos grupos de terceiro de ESO fará unha visita guiada en Betanzos para relacionar a música e a cultura da Idade Media coa arte. 

Domingo Xaneiro 29, 2023
Start: 29/01/2023 18:39

Kaori Tsurutani na súa obra Metamorfosis BL relata a historia dunha amizade entre mulleres de distintas xeracións.

A nosa proposta para esta semana, os relatos de Manuel Rivas e José María Merino, tamén falan de metamorfoses...

Luns Xaneiro 30, 2023

O 30 de xaneiro foi escollido para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Mércores Febreiro 01, 2023
Start: 01/02/2023 07:35
End: 01/02/2023 10:20

O alumnado de E1B, E1C e E1D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas legais (tabacos e alcohol), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Xoves Febreiro 02, 2023
Start: 02/02/2023 09:45
End: 02/02/2023 12:15
O 2 de febreiro os grupos de 4º de ESO acudirá a un encontro con María Victoria Lareu Huidobro, premio María Josefa Wonenburger 2021, licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC.
 
 
 
Venres Febreiro 03, 2023
Start: 03/02/2023 07:30
End: 03/02/2023 12:15

O alumnado de Ciclo Formativo realizará unha visita formativa ás instalacións de Inditex, no Polígono de Narón, complementada cunha visita á exposición de fotogorafía "Mujer y Danza", en Pontedeume.

Start: 03/02/2023 07:35
End: 03/02/2023 10:20

O alumnado de E1A recibe hoxe un obradoiro sobre drogas legais e sobre cannabis (no caso de E2A e E2B), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Domingo Febreiro 05, 2023
Start: 05/02/2023 19:01

O feitizo de Vermeer... 

Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta. 

Unha carta de amor? 

Podería ser... 

O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».

Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.

 

Martes Febreiro 07, 2023
Start: 07/02/2023 06:45
End: 07/02/2023 12:15

O alumnado de 4º de ESO visita a Domus para facer prácticas de laboratorio.

Mércores Febreiro 08, 2023
Start: 08/02/2023 07:35
End: 08/02/2023 10:20

O alumnado de E3B, E3C e E3D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas sintéticas, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Start: 08/02/2023 11:00
End: 08/02/2023 12:00

O 8 de febreiro Laura Suárez Calvelo, da FUAc, visitará o centro para dar a coñecer ao alumnado que remata este curso as oportunidades de emprego que oferece a FUAC a través das dúas bolsas.

Venres Febreiro 10, 2023
Start: 10/02/2023 07:35
End: 10/02/2023 10:35

O alumnado de E4A, E4B e E4C recibe hoxe un obradoiro sobre cocaína, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.

Start: 10/02/2023 10:00
End: 10/02/2023 11:33

O 10 de febreiro o alumnado de B1D e B1E acode á representación teatral da obra “A parábola do angazo”, por conta da compañía Talía Teatro para o alumnado dos centros de ensino de secundaria do Concello. 

Distribuir contido