Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 25, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
25
26
Start: 26/04/2022 18:28

 

 

 

Chegou aos nosos oídos esta preciosa proposta, o Calendario Floral (Concerto Exposición), que terá lugar o próximo sábado 30 de abril do 2022 ás 20 horas no Cine Alfonsetti.

A música de James Oswald, interpretada polo trío formado por Charles Marigó (clavicémbalo), Ioan Haffner (violín) e Eva Otero (violonchelo) será bastante máis que un fondo musical para a contemplación das fermosas ilustracións de Sarela Lorenzo.

Unha ledicia superlativa ver medrar e voar tan alto as nosas [ex] alumnas Sarela e Eva!

 

27
Start: 27/04/2022 19:18

 


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

 

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.
28
29
30
1
Start: 01/05/2022 17:10

 

 

 

29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros e un fragmento de Madres e hijos, unha narración de Theodor Kallifatides.

Distribuir contido