Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
Start: 12/03/2022 20:57
PREMIO DE EXCELENCIA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN
O 29 de xuño do 2021, ilustraba esta fotografía a nova sobre o recoñecemento a cinco alumnos do noso IES de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU: Noa Codesido Centoira, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García. Esta semana, mediante estes diplomas, a Universidade da Coruña, notificou a concesión do Premio de Execelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión a Lucía Sánchez Cal [Programa de simultaneidade do grado en español —Estudios lingüísticos e literarios— e Grao en galego e portugués —Estudios lingüísticos e literarios—] e a Andrea Vázquez Naya [Grao en Química].
Parabéns a Lucía e Andrea ás que reiteramos o noso desexo de que poidan manter (e superar) tan gratificantes logros para elas, as súas familias e as institucións educativas nas que deren os seus primeiros pasos cara a excelencia.
|