Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 09/03/2022 12:12
FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, dez días antes do Día Internacional do número Pi, convoca o VI Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.
BASES
Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.
Deste esta ligazón accederás a unha antoloxía dos mellores traballos de anteriores edicións.
Start: 09/03/2022 14:00
End: 09/03/2022 18:30
O mércores 9 de marzo terá lugar a xunta de avaliación do segundo trimestre de 2º de ESO e de dous dos grupos de 1º de ESO, a partir das 16:00 e até 20:30.
|