Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 12/05/2021 06:45
End: 12/05/2021 09:30
Ao longo da mañá do 12 de maio, o alumnado de 1º de ESO D visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional. O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular. O grupo de 1º D visitará o CIEC as tres primeiras horas. Start: 12/05/2021 07:35
End: 12/05/2021 09:20
Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 "Correo polo Vento" (Carlos Taboada e Enrique Mauricio) virán ao instituto para realizar unha actividade de contacontos ilustrado, para os grupos de 1º A e 1º C de ESO. A actividade quere dar a coñecer a figura da autora homenaxeada e está baseada no libro de Correo polo Vento sobre esta poeta, ilustrado por Tania Solla e editado por Lela Edicións. Na actividade, Correo Polo Vento narra oralmente a biografía de Xela Arias. A narración acompáñase de música e por medio da ilustración, rematando cun obradoiro de debuxo no que se farán caricaturas da poeta nacida en Sarria. O contacontos ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica (neste caso, a vida de Xela Arias) de xeito lúdico.
Start: 12/05/2021 14:56
VISITA AO CIEC Tanto os profesores de Eduación Plástica e Visual, Susana Pérez e Álvaro Rivas, como os seus alumnos, regresaron ao centro cheos de ledicia e satisfacción tras a visita ao Centro Internacional de la Estampa Contemporánea de Betanzos. |