Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
12
Start: 12/04/2021 07:35
End: 12/04/2021 11:25
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado no cannabis, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
Start: 12/04/2021 18:44
[Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans.]
Ana González Oro A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un Concurso de Fotografía co que eloxiar o hábito de ler. Cada fotografía irá acompañada dunha frase relativa á lectura. As fotografías serán enviadas ao correo electrónico da biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] en formato jpg. No corpo do correo, o autor engadirá o texto que servirá de pé de foto: no exemplo premiado de Ana González Oro, a secuencia sería: [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans]. A data límite de recepción de traballos será o 22 de abril. O xurado reuniráse o 23 de abril, Día Mundial do Libro, para determinar os traballos merecedores de premio.
| 13
| 14
Start: 14/04/2021 07:35
End: 14/04/2021 11:25
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas sintéticas, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
| 15
Start: 15/04/2021 20:43
O venres 16 de abril, a nosa compañeira Carmen Suárez, participará nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2020-2021 relatando a experiencia docente Betanzos 800 anos, merecedora do premio VI Concurso de Traballos por Proxectos. A nosa gratitute a todo o alumnado e profesororado que participou, con tanto entusiasmo, nese traballo, e a Carmen por condensar, no seu momento, esa historia para a revista EDUGA (en colaboracion con Julián e Chus) e , hoxe, por verbalizala ante tantos compañeiros como exemplo de boas prácticas docentes.
| 16
| 17
| 18
Start: 18/04/2021 16:07
HORA DE LER 26ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Que maravilla levará entre mans?
Que podería pasar si...? Como sería a literatura universal de non ser por este fidalgo tolo polas letras tan ben pintado por Albert Asensio! Unha mostra da súa pegada: esta antoloxía de microrrelatos; e o primeiro capítulo desta primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López. |