Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Decembro 17, 2020
Start: 17/12/2020 07:35
End: 17/12/2020 12:15

 

 

Danza Moderna Fotos - Descarga imágenes gratis - Pixabay

O vindeiro 17 de decembro, o alumnado de 3º de ESO asistirá a un obradoiro de danza a cargo de ArteStudio, unha compañía que comezou a súa andaina no 2005.

ArteStudio está formada por un equipo interdisciplinar, que procede principalmente do mundo da educación, das artes escénicas, do tempo libre e da animación sociocultural.

Venres Decembro 18, 2020
Start: 18/12/2020 18:53

CALENDARIO AGUIAR 2021

 

 
   Así posan os artistas: Judith Sánchez García, Alfredo Faraldo Núñez, David Baladrón Arévalo, Noelia Yáñez Gómez, Inés Pena Medín, Yago Cortés Mellado, [primeira fila]; Aroa Blanco Suárez, Lía Maceiras Sánchez, Alex Birsan, Nébeda Barreiro Vázquez, Adrián Roca Medal, Celia Sánchez Fernández, Erika Sofía Luces Bordón [segunda fila]. 
 
   Os seus traballos ilustrarán o Calendario Aguiar 2021. 
   Por segundo ano, impulsado polo Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, e coa imprescindible axuda de ACEBE e outras entidades, próximamente sairá á venda o Calendario Aguiar 2021 ao simbólico prezo de 5 euros. 
   Poderá ser mercado nos comercios de ACEBE e na secretaría do IES. 
  Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain
   Corresponde agradecer ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, en particular aos de Educación Plástica e Visual (Álvaro Rivas Ares, Susana Pérez Creo e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, (outra vez!), a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo que supera anteriores records—. A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento. A todos os participantes, grazas pola vosa creatividade. 
 
 
SEN DISTANCIAS 
 
   Non antes de que as xeadas de febreiro se farten de tinxir os campos. Nin antes de que enchoupen os prados as chuvascadas de abril. 
   Cando os ventos de maio agromen as flores das árbores ou cando a lúa chea alumee a noite de San Xoán. Se cadra, cando as estrelas ascendan o globo axudadas pola lúa nova de agosto. Ou cando as follas dos castiñeiros e dos carballos oculten os vieiros do outono. 
   Entón pasearemos polas rúas abrazados ou collidos das mans, cun sorriso nos labios, porque xa non nos separará ningunha distancia. 
 
   Ese día chegará…



 

Domingo Decembro 20, 2020
Start: 20/12/2020 15:42

 

 


 

 

11ª Semana 

[5ª Sesión]

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos navideños e o conto de Reis, de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2020. 
 
Aínda que os momentos que nos está a tocar vivir, estean marcados pola anomalía, abramos unha paréntese neste tempo de nadal: se cadra, ademáis do descanso e da reparación, mesmo, pechando os ollos, saibamos recuperar a tenrura da infancia!
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

Luns Decembro 21, 2020
Start: 21/12/2020 17:55

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Xosé Luís Mosquera Camba, gañador do Premio Fiz Vergara Vilariño

 

  Xosé Luís Mosquera Camba, coa súa obra «Parhelio» gañou o XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Así o acordou na súa reunión telemática o xurado, por unanimidade, que estivo formado por Emma Pedreira, María Lado e Charo Lópes, actuando como secretaria a presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar, e como presidenta a concelleira de Cultura de Sarria, Reyes Abella. 

   O xurado destacou que a obra gañadora conta con moita coherencia interna, mestura moitos xéneros e referencias, é moi sensorial e con moito ritmo: «Un poemario moi traballado, coidado con atención e riqueza lingüística. Ten un xogo de cambio de perspectivas no eu moi interesante e unha carga retórica ampla e consistente. Unha obra que presenta unha poesía ruturista na que se valora a apertura dunha liña de traballo anovadora enriquecida cunha prosa poética que rompe o uso máis clásico do verso e mergúllase na oralidade. Destaca a referencia a outras disciplinas artísticas, sobre todo á música. Unha obra cunha plástica moi poética e moi ben definida e con certo sentido do humor. Valorouse tamén o emprego de imaxes moi sostidas ao longo de todo o poemario como as dos cabalos ardendo, os bisontes... que transmiten forza e sonoridade. O autor propón ao lector unha participación activa», explicaron.

   Por outra banda, as poetas que formaron o xurado destacaron a altísima participación que se acadou nesta edición tan distinta pola situación sanitaria e o alto nivel das obras presentadas.

 

La Voz de Galicia, 21 de decembro de 2020

Start: 21/12/2020 18:12
   Esta é a primeira imaxe coa que ilustran na Revista Galega de Ensino (Eduga) o artigo Betanzos, 800 anos Historia condensada dun ano de traballo por proxectos no que Julián Ferrer García, Chus Santamariña Núñez, e Carmen Suárez Moledo, no que relatan o proceso de traballo do PFPP durante o curso 2018-2019 e o produto final, merecedor do premio VI Concurso de Traballos por Proxectos. 
   
   Esta primeira ligazón leva á paxina da Consellería que permite ler o artigo completo e contemplar as ilustracións. 
 
   Esta segunda, á noticia que no seu momento publicou La Voz de Galicia.
Mércores Decembro 23, 2020
Start: 23/12/2020 19:04

 

 

 

Sábado Xaneiro 02, 2021
Start: 02/01/2021 16:21

Mateo García dirixe esta curtametraxe na que o noso exalumno Juan Luis García participa como coprotagonista.

Parabéns polo traballo.

 

Xoves Xaneiro 07, 2021
Start: 07/01/2021 15:23

 

 

 

12ª Semana 

[6ª Sesión]

 
Comezando a volta ás aulas detrás da ventá. Ao abrigo. Esperando a neve... 
Lendo os relatos de Ignacio Aldecoa e Ánxel Fole.
 
 
Domingo Xaneiro 10, 2021
Start: 10/01/2021 11:38

 

 

 

 

 

13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Chegada (e de que maneira!) xa neve... estando a ler, xelados neste xaneiro, contos de neve, contos da Terra do Caurel: Isaac Bashevis Singer e Ánxel Fole.
 
 

 

Distribuir contido