Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xullo 22, 2020
Start: 22/07/2020 09:53
 
Hoxe, 22 de xullo, publícase no DOG a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia
 
 
https://sede.xunta.gal
 
introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A. 
 
18 dos nosos 107 alumnos poderán presentarse a esta convocatoria.
Xoves Xullo 23, 2020
Start: 23/07/2020 16:43
Nestes tempos de anomalías non pode causar estrañeza esta fotografía na que, con máscaras sobre o seu rostro, Mario Paz Alvariño,  Rosalía Suárez Sánchez, Antía Casanova Varela e Mencía Rey Pardo sosteñen a orla da súa promoción.
 
Eles hoxe deberían ter asistido ao Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, un acto que tivo lugar este xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC. A este acto, presidido polo reitor da USC e que contou coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores, só acudiron un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais.
 
Antía, Mario, Mencía e Rosalía mereceron esa consideración de Mellores Expedientes da USC por ter acadado nas ABAU unha nota igual ou superior ao nove. 
Un mérito conseguido co moito esforzo persoal que representa o cumio do esforzo do que tamén participararon os seus outros 103 compañeiros (100 presentados a ABAU dos que 18 poden optar ao Premio Extraordinario de Bacharelato), cos que desexan pronto compartir vivencias máis felices.
Con saúde. Sen máscaras. Sen medos.
Luns Xullo 27, 2020
Start: 27/07/2020 11:04

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS....

Que o Concello de Betanzos concede o Premio GARELO 2020 á Agrupación de Teatro Mariñán.

En Cultura o premio será para a agrupación teatral Mariñán que este ano cumpre o seu décimo ano de vida. O Concello quere destacar así o labor deste grupo de teatro afeccionado por achegar as artes escénicas a todos os betanceiros e betanceiras. Fai uns 25 anos, foi o profesor de literatura española, Daniel Martínez, quen levou o entusiasmo polo teatro a moitos betanceiros a través dun grupo escolar chamado “ Aveliña” e a creación do colectivo “ Rapsodas”. A partir de aí ideou xunto a outro destacado betanceiro, Xulio Cuns, a Agrupación de Teatro Mariñán como unha solución para que os estudantes que cursasen esta materia no instituto Francisco Aguiar seguisen ligados ao mundo do teatro. Desde entón ata hoxe continúan a súa viaxe polas artes escénicas, co encontro de teatro afeccionado cada mes de febreiro.

Neste momento forman parte desta agrupación os seguintes Ex Aguiar: Sara Zabalza, Inés Valiño e Juan Vázquez.

Parabéns a todos os que nalgún momento participaron nesta tarefa e, en particular, aos actuais membros que manteñen vivísima a Agrupación.
Start: 27/07/2020 11:27


CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

Alem BTF, o noso Ex alumno, ven de compoñer unha composición encargada pola propia alcaldesa, María Barral, para facer chegar unha mensaxe a todas as xeracións, «Hasta el último latido».
Alem recorda na súa canción a importancia da distancia social.

Venres Xullo 31, 2020
Start: 31/07/2020 17:24
 
 

No mes de agosto a oficina no IES Francisco Aguiar permanecerá pechada.

 
Para calquera consulta envíen un correo a:
 
ies.francisco.aguiar@edu.xunta.es

 

Luns Agosto 10, 2020
Start: 10/08/2020 08:25
 
 

DE INTERESE PARA TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

 

ABERTO desde o 09 de agosto de 2020 ata o 01 de octubro de 2020 o Prazo de Solicitudes de Becas e Axudas para estudantes de niveis postobrigatorios.

Ministerio de Educación Portal Becas

Ministerio de Educación Información 

 

 

Start: 10/08/2020 09:15

 

JUAN A. FARIÑA PEDREIRA, As cartas de Abel, Toxosoutos, Noia, 2020, 214 páxinas.

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

   QUE Juan Fariña, alumno no seu momento do IES Francisco Aguiar,  emprega na súa opera prima, ata tres narradores, para relatar as vicisitudes de Marcos, un exalcólico divorciado, que descobre, nunha etapa crucial da súa vida, todos os detalles dun segredo familiar que atinxe ao seu avó materno Abel e que se remonta ao inicio da nosa desastrosa Guerra Civil(1936-39). Entre analepses e prolepses, Fariña mantén o suspense e ao lector pendente dos feitos até o desenlace inesperado que colle a un de improviso.

Distribuir contido