Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xullo 07, 2020
Start: 07/07/2020 06:24

Convocatoria xuño ABAU 2020

Mércores Xullo 08, 2020
Start: 08/07/2020 15:47

Neste mes de xullo a oficina atenderá ao público entre as 10 e as 13 horas da mañá.

Xoves Xullo 09, 2020
Start: 07/07/2020 06:24
End: 09/07/2020 12:24

Convocatoria xuño ABAU 2020

Venres Xullo 17, 2020
Start: 17/07/2020 12:21
Primeiro premio desta edición do concurso ENERXIZA.RME 2020. 

As alumnas Candela Lagares, Teresa Sánchez e Lucía Ares do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Este equipo venceu polo coñecemento técnico á hora de construir a súa casa sostible pero tamén pola súa orixinalidade no momento da presentación dos resultados. Dende a Escola premiamos a estas pequenas enxeñeiras polo seu ben facer.

 
SEGUNDA posición no concurso ENERXIZA.RME 2020. 
 
Yago Muíño, Martín Vázquez e Joel Armada do IES Francisco Aguiar de Betanzos, son os os creadores de LA CASA EFICIENTE. Nesta maqueta, utilizaron materiais reciclados e interruptores crepusculares entre outras cousas para obter este fantástico deseño. Agradecemos a vosa participación e esperamos que aproveitedes o premio para mellorar este prototipo. Seredes grandes enxeñeiros!!!!
 
Un especial recoñecemento á profesora Ánxela Vázquez Álvarez pola súa implicación no proxecto.
 

Mércores Xullo 22, 2020
Start: 22/07/2020 09:53
 
Hoxe, 22 de xullo, publícase no DOG a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia
 
 
https://sede.xunta.gal
 
introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A. 
 
18 dos nosos 107 alumnos poderán presentarse a esta convocatoria.
Distribuir contido