Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 8, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
8
Start: 08/04/2019 07:00

Alumnado de francés de 1BAC

Start: 08/04/2019 09:35

 

 

No aula de Informática 1, de 9:35 a 11:15 a cargo de Alberto Bugarín Diz.

Organizada polos departamentos de Orientación e Tecnoloxía, dentro do programa 'A Ponte' da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

9
all day

Alumnado de francés de 1BAC

Start: 09/04/2019 08:45

Taller organizado polo departamento de matemáticas en colaboración coa escola técnica superior de enxeñería de camiños, canais e portos.

caminos

Os talleres terán unha duración de dúas sesións de clase e, terán lugar no aula ordinaria do grupo.

Os horarios da actividade son:

 

Grupo Horario
3º C
de 8:45 a 10:25
3º B de 10:40 a 12:20
3º D
de 12:35 a 14:15
3º A
de 16:20 a 18:00
Start: 09/04/2019 10:30

Organizado por Juan Neira do Departamento de Tecnoloxía. Visita ás instalacións de de Heus en San Pedro de Nós para observar automatización da producción e procesos de fabricación. Asiste o alumnado de Tecnoloxía Industrial II de 2º de BAC e Robótica de 1º BAC.ç

 

O horario estimado da saída é de 10:30 a 11:45

de heus de heus
10
all day

Alumnado de francés de 1BAC

Start: 10/04/2019 08:35

Actividade do departamento de Normalización Lingüística en colaboración co Concello de Betanzos.

Antía Otero

 

O obradoiro que leva por título 'Achegándonos á palabra' está impartido pola poetisa e actriz galega Antía Otero.

Grupo Horario
3º C de 10:40 a 12:35
3ºB de 8:45 a 10:25

 

 

 

 

 

 

 

11
all day

Alumnado de francés de 1BAC

Start: 11/04/2019 10:25

musiqueando

Nos soportais ao carón da Biblioteca durante o primeiro recreo, o alumnado de 2º da ESO únese á convocatoria de Asomúsica (Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia) participando na actividade Musiqueando 2019- #nosimportalamusica, organizada pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM).

Por se aínda non coñecedes esta iniciativa, o Musiqueando é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa que se celebrará simultaneamente en toda España o próximo 11 de abril.

O obxectivo é celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. Para isto só hai que sacar á rúa a música que facemos nas clases e facer un pequeno concerto.

Start: 11/04/2019 11:26

 
carreira solidariaO vindeiro XOVES, 11 DE ABRIL DE 2019, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2019”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín coa colaboración do Concello e dos demais centros educativos de Betanzos e das unitarias de Coirós e Paderne. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e  arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos).

Os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.

Este ano, ademais, animamos a toda a comunidade a colaborar na iniciativa que promove un alumno do Vales Villamarín “LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA”.

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a súa participación na carreira na quenda de  12.30 a 13.30 horas. A carreira terá unha duración 15 minutos. O día da carreira terán que vestir roupa e calzado axeitado (preferentemente camiseta de cor branca).     

Cada alumno/a participante recibirá un dorsal como recordo da súa participación no evento. Estos dorsais serán proporcionados polo CEIP Vales Villamarín ao resto de centros (antes da proba), e cada alumno/a o decorará ao seu gusto, levándoo posto no momento da carreira.

 

O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a poderá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar ao centro en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos.


Os alumnos deixarán os alimentos no centro e Cáritas e Cruz Vermella encargaranse de ir a recollelos. Ademais, haberá a posibilidade de que os nenos/as ou os seus familiares leven os alimentos o mesmo día á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sexan recollidos por Cáritas e Cruz Vermella.


Animamos a toda a comunidade a colaborar coa iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do CEIP Vales Villamarín. 

 

12
Start: 08/04/2019 07:00
End: 12/04/2019 20:00

Alumnado de francés de 1BAC

Start: 12/04/2019 11:01

O vindeiro venres 12 de abril de 11 a 12 horas terá lugar unha singular iniciativa para recaudar fondos para ONG 'Save the Children'. O alumnado de Educación Física de 1º de Bacharelato do IES 'As Mariñas' promove este proxecto co que colaboran o Concello de Betanzos e a asociación 'As vellas non paramos'.

O 'Aguiar' únese a esta iniciativa solidaria co alumnado de 1º de Bacharelato.

carreira as mariñas

Start: 12/04/2019 12:35
Yayo Herrero O alumnado de 4º da ESO acudirá, de 12:35 a 14:15, ao salón de actos do centro para manter un encontro con Yayo Herrero. Yayo Herrero é unha antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española.
13
14
Distribuir contido