Eventos
Actividade do departamento de Normalización Lingüística en colaboración co Concello de Betanzos.
O obradoiro que leva por título 'Achegándonos á palabra' está impartido pola poetisa e actriz galega Antía Otero.
Grupo | Horario |
3º C | de 10:40 a 12:35 |
3ºB | de 8:45 a 10:25 |
Nos soportais ao carón da Biblioteca durante o primeiro recreo, o alumnado de 2º da ESO únese á convocatoria de Asomúsica (Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia) participando na actividade Musiqueando 2019- #nosimportalamusica, organizada pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM).
Por se aínda non coñecedes esta iniciativa, o Musiqueando é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa que se celebrará simultaneamente en toda España o próximo 11 de abril.
O obxectivo é celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. Para isto só hai que sacar á rúa a música que facemos nas clases e facer un pequeno concerto.
O vindeiro XOVES, 11 DE ABRIL DE 2019, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2019”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín coa colaboración do Concello e dos demais centros educativos de Betanzos e das unitarias de Coirós e Paderne. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos).
Os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.
Este ano, ademais, animamos a toda a comunidade a colaborar na iniciativa que promove un alumno do Vales Villamarín “LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA”.
O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a súa participación na carreira na quenda de 12.30 a 13.30 horas. A carreira terá unha duración 15 minutos. O día da carreira terán que vestir roupa e calzado axeitado (preferentemente camiseta de cor branca).
Cada alumno/a participante recibirá un dorsal como recordo da súa participación no evento. Estos dorsais serán proporcionados polo CEIP Vales Villamarín ao resto de centros (antes da proba), e cada alumno/a o decorará ao seu gusto, levándoo posto no momento da carreira.
O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a poderá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar ao centro en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos. |
Os alumnos deixarán os alimentos no centro e Cáritas e Cruz Vermella encargaranse de ir a recollelos. Ademais, haberá a posibilidade de que os nenos/as ou os seus familiares leven os alimentos o mesmo día á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sexan recollidos por Cáritas e Cruz Vermella.
Animamos a toda a comunidade a colaborar coa iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do CEIP Vales Villamarín.
O vindeiro venres 12 de abril de 11 a 12 horas terá lugar unha singular iniciativa para recaudar fondos para ONG 'Save the Children'. O alumnado de Educación Física de 1º de Bacharelato do IES 'As Mariñas' promove este proxecto co que colaboran o Concello de Betanzos e a asociación 'As vellas non paramos'.
O 'Aguiar' únese a esta iniciativa solidaria co alumnado de 1º de Bacharelato.
O alumnado de 4º da ESO acudirá, de 12:35 a 14:15, ao salón de actos do centro para manter un encontro con Yayo Herrero. Yayo Herrero é unha antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española. |
Con esta fermosísima ilustración, orixinal da alumna Nuria Beiro Doldán de 3º de ESO, queremos celebrar con todos vós o día do libro.
O alumnado de Historia da Arte acude á capital de Galicia para, acompañados dos profesores de Historia: Xosé Luis Mosquera e Julián Ferrer, visitar 'O Pórtico da Gloria' e o Museo do Pobo Galego entre outros.
O xoves 25 de abril, alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais cursaron visitará ás instalacións en Arteixo da empresa INDITEX. Sairán do centro e chegarán ás instalacións ás 10:30.
28ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Teatro en el salón de actos del centro destinado a alumnado de 3º y 4º de la ESO. Organizado por el Departamento de Inglés . A compañía teatral 'Moving On' representará a obra 'The end of the beginnig' que trata de forma irónica un tema de actualidade como é o Brexit. Horarios: 1ª sesión 3º ESO 10:40 2ª sesión 4º ESO 12:00 |
Un pequeno grupo de alumnos/as de 3º da ESO acudirá, acompañado por Carmen Suárez do Departamento deLingua e Literatura Galega e Julián Ferrer, do departamento de Xeografía e Historia ao espazo +60 de Afundación en Betanzos para compartir lecturas cos nosos maiores. Celebramos así o 29 de abril día internacional da solidariedade interxeracional. Saída ao redor das 11:30 e volta ás 14:00.
|
Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases.
Martes 30 abril 2019 Organizada por Amparo Mejuto Costa do departamento de Orientación, a charla correrá a cargo do especialista Domingo Álvarez Agudo. Terá lugar á 4ª sesión no salón de actos para todos os 4º ESO. |
Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.
O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.
•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.
O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.
Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar
Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.
O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.
•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.
O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.
A cargo de Tania Penas e Alfonso Seijo, ex-alumnos do centro no derradeiro curso do grao en Terapia Ocupacional na UDC. No salón de actos.
Horarios:
1ºBAC D de 10:25 a 11:15
1ºBAC E de 11:45 a 12:35
Tras unha charla xeral, o alumnado escolle a rama de coñecemento á que quere acudir na visita.
Organizada por Amparo Mejuto do departamento de Orientación e vicedirección.
Organizado polo departamento de Normalización lingüística en colaboración co Concello de Betanzos. O alumnado de 4º da ESO asistirá á representación teatral da obra 'Pelos na lingua' de Talía teatro no edificio Liceo de Betanzos. De 12:00 a 13:30.