blogue deadmin

Intercambio co Viby Gymnasium, Århus, Dinamarca

Desde o domingo 3 de novembro e ata o venres 8, recibiremos un grupo de 11 alumnas e alumnos daneses que van participar nun intercambio co noso alumnado de 2ºbacharelato e organizado polo departamento de Inglés. Estes rapaces e rapazas, que teñen entre 16 e 19 anos, estudan no Viby Gymnasium, un centro educativo situado en Viby, unha zona da cidade de Århus, a segunda máis importante de Dinamarca.

Primeira sesión do Club da Igualdade

Este pasado luns 21 de outubro a biblioteca do instituto acolleu a primeira sesión do Club da Igualdade. Comezamos presentando a actividade e recollendo as propostas e suxestións do alumnado asistente e logo realizamos o xogo Quen é quen?, no que o alumnado, organizado por equipos, tiña que emparellar nomes de mulleres coa profesión ou o ámbito no que destacaron.

Nace o Club da Igualdade

Este próximo luns 21 de outubro, de 15:30h a 16:50h, vaise celebrar a primeira sesión do Club da Igualdade, unha iniciativa que imos botar a andar este curso para fomentar a sensibilización, a reflexión e o debate sobre diferentes aspectos relacionados co respecto á diversidade e coa igualdade de dereitos entre as persoas.

PMAR

Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR) que se imparten no centro están cofinanciados polo Fondo Social Europeo da Unión Europea.

Rede educativa galega de apoio LGBT

O pasado 5 de outubro tres profesoras do noso instituto estivemos en Santiago na presentación da Rede educativa galega de apoio LGBT, xunto con máis de 50 docentes de toda Galicia.

Calendario escolar do instituto

Velaquí o calendario escolar do noso instituto, cos días festivos propios do centro e as datas das avaliacións e intercambios, ademais das fixadas polas administracións (festivos e vacacións).
Podes de

Distribuir contido