Listaxes admisión alumnado

Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:

- A listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido en 1º ESO. Poderá formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar. Unha vez rematado este prazo, publicaranse as listaxes definitivas o 15 de maio.

- Aslistaxes definitivas do alumnado admitido nos demais cursos, nos que non foi necesario baremar.

Tamén se poden consultar as listaxes na aplicación admisionalumnado, co código da solicitude e o DNI da persoa solicitante.

 

No caso de estar admitido/a deberá formalizar a matrícula ao finalizar o curso escolar, a partir do 23 de xuño.