Matrícula curso 2024-2025

 

- 24-28 de xuño: matrícula preferente para 4ºESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato. O alumnado que participa no intercambio con Nagold ou na viaxe a Francia pode matricularse na semana seguinte.

 

- 1-8 de xullo: matrícula preferente para 1º, 2º e 3º de ESO.

 

En caso de irmáns de distintos niveis, poderá formalizarse a matrícula de todos o mesmo día.

 

O alumnado que xa estaba matriculado este ano no instituto e vaia continuar tamén ten que entregar a matrícula neste prazo.

 

Achéganse como documentos adxuntos os impresos de matrícula da ESO e de Bacharelato, así como a folla para solicitar uso de transporte por parte do alumnado de Bacharelato. Deben cubrirse e entregarse no centro, acompañados da documentación que se indica no propio impreso.

 

É moi importante que revisedes a oferta de materias que figura na folla de matrícula para que os vosos fillos e fillas fagan unha escolla meditada das mesmas. Débese ter en conta que algunhas materias e itinerarios precisan dun número mínimo de alumnado para poder cursarse, polo que a oferta final do centro podería sufrir algún cambio en función do resultado da matrícula.

 

AdxuntoTamaño
Impreso matrícula ESO 202425.pdf402.72 KB
Impreso matrícula BACH 202425.pdf357.99 KB
Solicitude transporte bacharelato.pdf596.69 KB