Relixión católica
Visita cultural
Enviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 10:17O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que cursa as materias de Xeografía e Historia e Relixión Católica está de visita cultural do 19 ao 21 de febreiro. En Mérida, Patrimonio da Humanidade desde 1993, visitaron a igrexa de Santa Eulalia, patroa da cidade, o foro, o teatro e o anfiteatro. O xoves estarán en Cáceres pola mañá e en Trujillo pola tarde, ambas as dúas tamén Patrimonio da Humanidade desde 1986 e 2018 respectivamente. O venres de regreso visitarán Ciudad Rodrigo.
Viaxe cultural a Salamanca
Enviado por admin o Mér, 30/01/2019 - 17:04Visita ao Santuario de San Campio
Enviado por admin o Ven, 16/11/2018 - 21:41O próximo luns 19 de novembro o alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO vai visitar o Santuario de San Campio, en Tomiño, para realizar un traballo guiado, previamente preparado na aula. Esta actividade ten como obxectivos descubrir a arte cristiá como expresión de fe e recoñecer a planta e a orientación dun templo, así como os diferentes elementos litúrxicos e decorativos.
Visita a Asturias
Enviado por admin o Mar, 12/01/2016 - 20:36O departamento de Relixión do centro organizou unha visita a Asturias, na que o alumnado de Bacharelato matriculado na materia de Relixión poderá coñecer Oviedo e Xixón. Estarán fóra dende o mércores 13 ata o venres 15 de xaneiro. No arquivo adxunto pódese ver o programa da actividade.
Visita ao Mosteiro de Poio
Enviado por admin o Dom, 24/05/2015 - 19:06O departamento de Relixión católica do centro organizou unha visita ao Mosteiro de Poio para o alumnado matriculado na materia no curso de 1º de ESO. Esta saída terá lugar o vindeiro luns 25 de maio.
Visita á cidade de Ourense
Enviado por admin o Mér, 06/05/2015 - 16:48Os alumnos de relixión de 2º de ESO terán a oportunidade de visitar a cidade de Ourense nunha actividade preparada polo Departamento de Relixión do centro o vindeiro luns 11 de maio.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »