Teléfono 886 110 209 Fax 886 110 217
ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Viaxe cultural a Salamanca
Enviado por admin o Mér, 30/01/2019 - 16:04
Os días 4 e 5 de febreiro o departamento de Relixión organiza unha viaxe cultural a Salamanca para alumnado de 4ºESO e 1ºBach. Ademais dun percorrido polo casco histórico da cidade para ver diferentes espazos de interese (as catedrais, a Praza Maior, a Casa das Cunchas ou a Universidade), inclúese a visita á igrexa románica de San Martín, ás Escolas Menores e aos conventos de Santa Clara e San Esteban, así como un paseo pola ponte romana do Lazarillo de Tormes e polo xardín de Calixto e Melibea.
Autor da imaxe: Jose Javier Martin Espartosa (Licenza CC).
