Probas de avaliación de diagnóstico en 2ºESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está prevista en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril, datas nas que tamén o noso alumnado de 2ºESO realizará as citadas probas.
Pódese atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf