Bolsas
Bolsas Ministerio de Educación e FP 2022/2023
Enviado por admin o Xov, 12/05/2022 - 09:39AMPLIADO O PRAZO ATA O DÍA 16 DE MAIO.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas e axudas para o curso 2022/2023, destinadas aos estudantes interesados en estudos postobrigatorios (Bacharelato, Ciclos Formativos, F. P. Básica, Universidade, etc...).
O prazo está aberto desde o 30 de marzo ao 12 de maio do 2022.
As persoas que desexen solicitar a bolsa teñen que facelo neste período, aínda que non saiban con seguridade que estudos van realizar.
Poden solicitarse aínda que non saiban que estudos van realizar.Na seguinte ligazón tedes toda a información así como o acceso ás solicitudes.
