Francés

Remata o intercambio con Francia


Logo da xornada libre de convivenvia coas familias do pasado mércores día 1, retomamos as actividades do intercambio que estamos desenvolvendo esta semana con alumnado e profesorado de Vire (Francia). Onte participaron, xunto co noso alumnado, nunha excursión a Santiago de Compostela e, posteriormente, nunha cea compartida no instituto e hoxe están realizando unha visita ás Illas Cíes.

Intercambio con Francia

Xa están en Gondomar os quince estudantes do Collège Saint-Jean Eudes de Vire (Normandía), que participan na segunda parte do intercambio que organiza o departamento de Francés con alumnado de 3º e 4º de ESO do noso instituto. Chegaron o domingo á noite, acompañados por dúas profesoras, e estarán nas casas do noso alumnado ata o próximo sábado.

Exames DELF / DALF 2019

Xa está aberto o prazo de matrícula da convocatoria de xuño 2019 para a realización dos exames oficiais DELF.
O prazo de inscrición é do 1 de marzo ao 12 de abril de 2019, ambos incluídos.
Respecto ás datas de realización das probas, estas variarán e

Intercambio co Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía)

Este sábado 16 marcharon a Francia doce alumnos e alumnas de 3° e 4° de ESO, acompañados de dous profesores, para realizar un intercambio escolar co alumnado do Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía). Estarán alí ata o sábado 23, participando nun programa de actividades que inclúe convivencia coas familias, asistencia ás clases cos seus compañeiros franceses e excursións pola zona.

Traballando para a próxima visita a Vire (Francia)

Na primavera o noso alumnado de 3º da ESO  visitou a Normandía francesa no marco dun intercambio escolar co Collège Saint Jean Eudes de Vire. Durante a estancia de 7 días, o alumnado viviu coas familias de acollida, coñeceu a cultura e a gastronomía, coñeceu tamén o sistema educativo francés e tivo a oportunidade de visitar lugares como Vire, Villedieu-les-Poêles, le Mont Saint Michel, Granville, Caen ou inclusa as praias do desembarco do seis de xuño de 1944.
A experiencia foi moi satisfactoria, tanto a nosa estancia en Vire como a visita dos compañeiros franceses aos poucos días.
Repetirémola para co curso 2018-2019!

Nos adxuntos quedan algunha imaxes do intercambio 2017-2018.

 

Programación 2.015-2.016

Distribuir contido