Curso 2019-2020
DEMANDAS DO CLAUSTRO PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 15/07/2020 - 09:55En reunión extaordinaria do 3 de xullo, o claustro do IES Auga da Laxe aprobou enviar á Consellería de Educación o escrito que figura no arquivo adxunto.
FONDO SOCIAL EUROPEO
Enviado por admin o Lun, 22/06/2020 - 14:04
Os contratos-programa IGUÁLA-T e REFÓRZA-T, a iniciativa ARCO e o PMAR foron cofinanciados polo Fondo Social Eurpeo durante o curso 2019-2020.
Período de reclamacións
Enviado por admin o Ven, 19/06/2020 - 14:40CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS ESO E 1º BACHARELATO
25 e 26 de xuño Reclamacións do alumnado, para resolver polos departamentos ata o día 26 ás 14 horas.
29 de xuño Resolución dos departamentos ás 11 horas. Notificación ao alumnado e ás súas familias a partir das 11 horas.
30 de xuño e 1 de xullo Reclamación por escrito á dirección do centro, para que a eleve á Xefatura Territorial, ata o día 1 ás 12 horas.
FP DUAL
Enviado por admin o Xov, 18/06/2020 - 20:55Nos vindeiros días será publicada a oferta educativa de FP en todas as modalidades así como a oferta de FP DUAL. Para dar a coñocer esta oferta, os próximos días 23 e 25 de xuño en franxa horaria de mañá e tarde realizaranse unhas xornadas divulgativas por videoconferencia da oferta educativa dos ciclos de FP Dual que se realizan na área de Vigo e sur de Pontevedra, explicando como se desenvolverán, con que empresas e respostando as dúbidas que poidan xurdir.
Entrega de notas e recollida de libros do Fondo Solidario
Enviado por admin o Mar, 16/06/2020 - 13:18
Todo o alumnado que ten taquilla debe deixala aberta e baleira e recoller a fianza en conserxería.
A entrega de notas e recollida dos libros de texto terá lugar o xoves 25 de xuño segundo os horarios que se indican nos documentos adxuntos:
Despedida ao alumnado de 2º de bacharelato
Enviado por admin o Lun, 08/06/2020 - 16:55Este luns 8 de xuño tivemos no patio exterior do instituto o acto de entrega de notas e despedida do alumnado de 2°Bach.
