FP Dual

Nos vindeiros días será publicada a oferta educativa de FP en todas as modalidades así como a oferta de FP DUAL. Para dar a coñocer esta oferta, os próximos días 23 e 25 de xuño en franxa horaria de mañá e tarde realizaranse unhas xornadas divulgativas por videoconferencia da oferta educativa dos ciclos de FP Dual que se realizan na área de Vigo e sur de Pontevedra, explicando como se desenvolverán, con que empresas e respostando as dúbidas que poidan xurdir. Realizaranse dúas presentacións para os ciclos medios e outras dúas para os ciclos superiores, como poden comprobar nos carteis adxuntos. Ademáis dos carteis, envíanse instrucións para acceder á videoconferencia para aquelas persoas que nunca utilizaron Webex.