Información
Horario de atención ao público
Enviado por admin o Ven, 07/08/2020 - 08:10
De luns a venres de
9:30 a 14:00
Curso 2020/21
Enviado por admin o Dom, 30/08/2020 - 11:10 No arquivo adxunto tedes a relación de libros de texto para o curso 2020/2021.
BECAS BACHARELATO E NEE 2020/21
Enviado por admin o Sáb, 08/08/2020 - 22:13 Para o alumnado de Bacharelato e/ou alumnado con necesidade específica de
apoio educativo o Ministerio de Educación convoca becas para o curso
2020/21.
Os prazos rematan os días 1 de outubro e o 30 de setembro respectivamente.
Na seguinte ligazón tedes toda a información así como o acceso ás solicitudes.
ENTREGA DOS VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 27/07/2020 - 11:59 Os vales para a adquisición de material escolar do curso 2020/21 poden recollerse na Secretaría do instituto a partir do luns 7 de setembro de 9:30 da mañá ata as 14:00 horas, para o alumnado que fixo a matrícula no mes de xullo. Para o resto do alumnado a partir do 16 de setembro.
Entrega de notas e recollida de libros do Fondo Solidario
Enviado por admin o Mar, 16/06/2020 - 12:18
Todo o alumnado que ten taquilla debe deixala aberta e baleira e recoller a fianza en conserxería.
A entrega de notas e recollida dos libros de texto terá lugar o xoves 25 de xuño segundo os horarios que se indican nos documentos adxuntos:
Fondo solidario de libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Xov, 28/05/2020 - 10:23No DOG do día 19 de maio de 2020, publícase a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo remata o día 19 de xuño de 2020 incluído.
Como novidade, no artigo 10.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Máis información na páxina web www.edu.xunta.es
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
