Información sobre o final de curso en 2ºBach

- Comunicación das cualificacións da convocatoria ordinaria: publicación en abalar o 15 de maio a partir das 20:00h e entrega de boletíns o 16 de maio ás 10:20h. 

- Matrícula na ABAU (convocatoria ordinaria): 16 e 20 de maio (aínda que o luns 20 é día non lectivo no noso centro, a secretaría estará aberta de 9:30 a 14:00 para a realizacion deste trámite). 

- Solicitude de revisión das cualificacións ante a dirección do centro: 20 e 21 de maio. 

- Solicitude de reclamación ante a Xefatura territorial (se persistise o desacordo): 23 e 24 de maio. 

- Reanudación das clases (preparación da ABAU e das probas da convocatoria extraordinaria): 21 de maio